NOSA HISTORIA


Protección  Civil de Portas  creouse  no seo do Pleno  do  Concello de Portas   do  10 de  abril de  1997 ó  amparo  da  Lei de Asociacións  do  24 de Decembro do 1964, con 28  Voluntarios.

Ó  dia 21 de Novembro de 2003  esta  Asociación  fixo  unha  adaptación de  estatuos a nova  Lei  de Organica 1/2002 do 22 de Marzo de Asociacións , asi  como   a adaptación  a ó  DECRETO 56/2000, de 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacions de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia  do 30 de Marzo... con 21 voluntarios.

Durante  mais  de 25  anos  levamos  atendido  todo  tipo de  emerxencias e colaboracións intitucionais ,  non só noso  concello de Portas senón que  tamén colaborando  con outros  concellos  como Cuntis , Moraña, Caldas de Reis,Barro, A Estrada,Silleda,Campo Lameiro, Pontecesures, Padron, Meis,Catoira,A Lama,Pontevedra,Forcarei,Porto do Son, Pobra do Caramiñal,Rois,Santiago de Compostela,Vilanova de Arousa,Vigo..etc.

Colaboramos  estreita e conxuntamente con Outras A.V.P.Civís , Cruz Vermella, Emerxencias  médicas 061, Garda  Civil,Policias Locais, U.P.A. Galicia,Exercito Español,Xunta de Galicia,Ministerio de Xustiza.

Tamén  colaboramos con Asociacións Veciñais, Comunidades de Montes, Comisións de Festas, Asociacións Deportivas,etc.

Temos iniciativas propias  Como a  creación no ano 1999 da ""HIPERFEIRA DE PORTAS""
con duas datas xa   consolidadas 1º de Maio e  6 de Decembro.

Actualmente a 05-07-2023, mantemos  un nivel de voluntariado escaso , pero que  nós permite  manter a maioria  das  emerxencias de  forma aceptable, pero  non é así  coas outras  colaboracións.

Esto  levounos  a  formar un convenio de colaboración en materia  de emerxencias entre  ós concellos de Caldas de Reis,Cuntis, moraña e Portas.

A dia de hoxe  contamos  con 14 voluntarios  para  cubrir  24h./7d. na  semana.  



© 2021 Lugar de Currás,8 (Portas) Pontevedra, 36658
986536194
avpcportas@hotmail.com 
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar