NOSA HISTORIA

Proteccion Civil Portas


Protección Civil de Portas creouse no seo do Pleno do Concello de Portas do 10 de abril de 1997 ó amparo da Lei de Asociacións do 24 de Decembro do 1964, con 28 Voluntarios.
Ó dia 21 de Novembro de 2003 esta Asociación fixo unha adaptación de estatuos a nova Lei de Organica 1/2002 do 22 de Marzo de Asociacións , asi como a adaptación a ó DECRETO 56/2000, de 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacions de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia do 30 de Marzo... con 21 voluntarios.
Durante mais de 25 anos levamos atendido todo tipo de emerxencias e colaboracións intitucionais , non só noso concello de Portas senón que tamén colaborando con outros concellos como Cuntis , Moraña, Caldas de Reis,Barro, A Estrada,Silleda,Campo Lameiro, Pontecesures, Padron, Meis,Catoira,A Lama,Pontevedra,Forcarei,Porto do Son, Pobra do Caramiñal,Rois,Santiago de Compostela,Vilanova de Arousa,Vigo..etc.
Colaboramos estreita e conxuntamente con Outras A.V.P.Civís , Cruz Vermella, Emerxencias médicas 061, Garda Civil,Policias Locais, U.P.A. Galicia,Exercito Español,Xunta de Galicia,Ministerio de Xustiza.
Tamén colaboramos con Asociacións Veciñais, Comunidades de Montes, Comisións de Festas, Asociacións Deportivas,etc.
Temos iniciativas propias Como a creación no ano 1999 da ""HIPERFEIRA DE PORTAS""
con duas datas xa consolidadas 1 de Maio e 6 de Decembro.
Actualmente a 05-04-2025, mantemos un nivel de voluntariado escaso , pero que nós permite manter a maioria das emerxencias de forma aceptable, pero non é así coas outras colaboracións.
Esto levounos a formar un convenio de colaboración en materia de emerxencias entre ós concellos de Caldas de Reis,Cuntis, Moraña e Portas.
A dia de hoxe contamos con 14 voluntarios para cubrir 24h./7d. na semana.